A opinión de Xosé González: “Unha vez máis no Couto Mixto”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Durante os séculos de existencia o Couto Mixto rexíuse por un ordenamento xurídico-constitucional propio dun Estado indepenente nun territorio de  26,9 km². Coexistíu no tempo con outros en Europa con menos extensións. Reparemos  nos 0,44 km² do Estado do Vaticano ou nos 2,08 km²  do Principado de San Marino. Pouco máis grande en extensión era, e segue a ser, a República de San Marino con 61 km². En todos eles os seus habitantes gozan dunha estimable “renda per capita”. Non é difícil imaxinar o que sería actualmente o Couto Mixto de non ser disolto pola Lei de Lindes aprobada polos reinos de España e Portugal en 1863. Sería un Estado territorialmente pequeno, pero posiblemente con moitos recursos económicos, tantos coma os que ten o Estado Andorrá con representación diplomática na ONU.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Como queda dito, os veciños do Couto Mixto vivían con liberdades das que estaban privados os veciños cidadáns de España e Portugal. Mentres nestes territorios imperaban os absolutismos feudais e monárquicos, no Couto Mixto tiñan como forma de goberno a república. Os seus cargos elixíanse por sufraxio electoral para un período de varios anos. Esta característica tan peculiar foi unha excepción nun contexto histórico  de acusada inestabilidade política.

Luís M. García Mañá rescatou das tebras da historia os nídios perfís daquela república na súa obra “Couto Mixto,m unha república esquecida”, editada no ano 2000 polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Servidor recibíu do seu autor a honra de escribir o prólogo a tan trascedental relato histórico. Poucos anos antes da publicación da monografía constituírase a Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Para coñecer as relacións de boa veciñanza dos pobos arraianos vou facer mención a un relato do prestixioso xornalista Alfonso Sobrado Palomares, nado no lugar próximo da Portela, que hai uns anos foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto; un relato  moi ilustrativo da ósmose existente entre os pobos transfronteirizos.

“Cando o meu pai araba na leira, as vacas daban a volta en Portugal, porque encontraba pegada á raia. E hai alí a capela dos Santos, que é portuguesa. Está pegada á finca. A proximidade é tan grande que nalgunha ocasión que fomos o día da festa, sentando a xantar na cabeceira da nosa parcela, ao carón da capela. A botella de viño estaba en terra portuguesa e a empanada e os chourizos en España, ou ao revés”. O convivío non o impedía unha fronteira que só existía nos mapas topográficos. Eu escoiteille outro relato que me marabillou. Resulta que cando levaba  as vacas a pacer estas, por veces “pasábanse da raia”, adentrándose en territorio estranxeiro. Un guardiña portugués, celoso da súa función, berrándolle, insistíulle máis dunha vez ao neno pastor que chamase por elas porque estaban en territorio de soberanía portuguesa. Mandado que cumpría aquel neno sen ter que amosar pasaporte na alfándega.

O próximo sábado día 4 celebrarase o tradicional acto de nomeamento dos novos Xuíces Honorarios, sendo elixidos para tal dignidade a Asociación de Mulleres Rurais A Raia de Baltar, o fotógrafo don Xurxo Lobato e o filólogo portugués don Marcos Neves. Elas e eles son os grandes valedores da pervivencia da memoria histórica daquela gran república dos soños que aínda aniña nas lembranzas das xentes que moran, traballan e transitan polos seus vieiros. Moitos aínda dan conta dela polo que lles escoitaron aos seus devanceiros.

Este ano a Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará do Pleno da Deputación Provincial que aprobe solicitar da Xunta de Galicia o nomeamento de “lugar histórico” que a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia preceptúa “para a conservación, acrecentamento, difusión e fomento da dignidade colectiva” nos espazos que teñan características de singular natureza. Con esta proposta queremos seguir afortalando o espírito memorial dun territorio que tiña como eixo vertebrador o Camiño Privilexiado e unha lingua común,  expresión dunha converxencia lingüística.

Ao acto acudirán o Presidente do Parlamento de Galicia, o titular da presidencia da  Deputación Provincial, Delegado do Goberno, Secretario Xeral da Lingua, e a Fiscala Superior de Galicia, que ten o orgullo patrio de ser da parroquia próxima de Golpellás; amais dos alcaldes de Calvos de Randín e Baltar. A fermosa voz de María do Ceo daralle calidez a un acto que de seu xa está cargado de emocións.

* Presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua”

A opinión de Xosé González: “Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”

A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell

A opinión de Xosé González: “Carme Vaquero, unha muller excepcional na historia do municipalismo galego”

A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”

A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”

A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”

A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”

A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------