Ribadavia e Beade contan con 7 casos cada un e Cortegada mantén cinco casos activos

Ribadavia presenta hoxe 7 casos activos, un menos ca na xornada de onte.  Ca mesma cifra, 7 casos activos, a mesma ca onte, establécese Beade. A súa preocupante evolución fixo que o SERGAS tomase a decisión de convocar un cribado a través de proba PCR entre 150 veciños entre os 18 e os 74 anos, que están citados para mañá venres a partir das 15:00 horas. A incidencia que presenta este concello supera os 500 casos por cen mil habitantes. Cortegada conta hoxe con cinco casos activos, os mesmos ca onte. Leiro conta hoxe cun caso activo, a mesma cifra dende o sábado. Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.