O PSOE critica o comportamento “machista” en redes sociais contra a nova alcaldesa de Ribadavia

Así o dixo logo de coñecer a campaña de descrédito nas redes sociais empregando imaxes privadas da futura alcaldesa. Ortega denunciou o “execrable ataque” contra a primeira muller que vai ser alcaldesa na vila ourensá, e esixiu o “máximo e escrupuloso respecto” ao desenvolvemento dos cargos de responsabilidade pública por parte das mulleres. Reclamoulle ao PP que amose a súa condena contra este feito para evitar calquera tipo de complicidade con estes ataques públicos contra a imaxe de Rodríguez.

Ademais, Marina Ortega puxo en valor o perfil da que será a primeira muller alcaldesa de Ribadavia: “unha muller formada e traballadora, que compatibiliza o seu compromiso político co seu traballo como enfermeira”.

AVANTAR ACTIVIDADES