A opinión de Xosé González: “Colleita 20026, máis galega”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuníu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia (UCRA).No Manifesto fundacional denunciaban a chegada a Galicia de uvas foráneas que afectaban ao cultivo das autóctonas, e que producían un viño matute de escasa calidade. Os matuteiros, afirmaban os asinantes do Manifesto, “son os reponsable do descreto no mercados do viño do Ribeiro e da competencia  que arruina as nosas economías”.

A UCRA apelaba na súa declaración dirixida aos galegos de ben, entendendo por tales, aqueles que consideraban que Galicia tiña unha economía ameazada por produtos producidos noutras latitudes xeográficas, empurrando a xente á miseria e á traumatizante emigración. Nun  parágrafo do Manifesto chamaban aos consumidores a estableceren unha rede de complicidades sociais así:”Por onde vaiades conmvertédevos en propagandistas incansable e fervorosos dos nosos viños. Gabádeos en canto valen e reclamádeos sempre na fonda que vos serva de hospedaxe, no restaurante a onde viades xantar, na taberna onde vos vexades citados e no café de onde sodes clientes. Pensade que ao defenderdes os produtos da nosa terra, que estades a defender o pan dos nosos veciños, os inereses dos nosos amigos e a gloria e a fame do noso país”.

No Manifesto da UCRA observamos un discurso novidoso para aquela altura: mellorar a elaboración dos nosos produtos, identificalos coa terra onde se dan, e atopar nos consumidores a lealdade necesaria para crearmos un economía de noso. Moitas décadas despois, hai vintecinco anos, o Foro E. Peinador recolleu o espírito daquela iniciativa asociativa tronzada pola sublevación militar de xullo de 1936, e lanzou varias campañas para demandar dos consumidores máis conscientes, e mesmo dos que non o son, pero  que o discurso galeguizador é ben recibido, para impedirmos o abandono das nosas explotacións agrícola por mor da agresividade dos mercados onde os produtos foráneos compiten cos nosos. En Galicia pechan de media entre 300 e 500 explotacións lácteas ao ano. E no que fai ás adegas, a cífra tamén é considerable.

A Irmandade de Agroalimentarios e Adegueiros, integrada no Foro E. Peinador, promoveu inxente cantidade de iniciativas, todas elas frutíferas, que deron pé a que as etiquetas dos nosos produtos estean redatas en lingua galega en centos de marcas comercias. Unha transformación de enorme importancia para a pervivencia do noso idioma, alén dos espazos literarios que cada vez son menos decisivos para manter viva a nosa identidade cultural.

A “Carta do Consumo Reponsable e Solidario”  publicada polo  Foro E.Peinador e a Irmandade de Agroalimentarios e Adegueiros  apela á necesaria solidariedade da sociedade galega con este razoamento incuestionable: “Por iso, cando eliximos os produtos a consumir, temos a opción de escoller aqueles que estan a manter a economía sostible e que xeran riqueza, valor engadidos e emprego de proximidade, ao tempo que axudan a manter viva unha cultura, unha lingua e unforma ser sermos”.

Para incentivar a galeguización dos nosos produtos creáronse os Premios Bacelos de Prata.  O próximo día 3 de outubro, na Casa Grande dos Ulloa,onde foi constituida a UCRA, e ten a sede a Asociación Álvaro das Casas, que concede tales galardóns, serán honrados con senllas distincións:

GRANXA ARQUEIXAL “polo seu compromiso coa lingua galega, coa cultura rural e coa preservación do territorio, facendo do galego unha parte natural da etiquetaxe, da comunicación e das experiencia de agroturismo que promove.

ADEGAS E VIÑEDOS LAREU, S.L. “ en recoñecemento a súa fidelidade á lingua galega ao longo dunha dilatada traxectoria empresarial, incorporándose con normalidade á etiquetaxe dos seus viños, á súa imaxe corporativa e á comunicación da Adega”.

O consumo preferente dos produtos galegos que se identifican coa lingua galega , deben ser obxecto de preferencial  agradecemento polos que sentan arredor dunha mesa co gallo de calquera celebración gastronómicas. A  proximidade das festas do nadal poden ser un bo exercicio para dar comezo a un consumo responsable e solidario coas empresas que se identifican cos valores patrimoniais da nosa Terra. Cómpren máis adhesións para esta proposta xusta.

Presidente do Foro E. Peinador.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “A arte de non morrer”

A opinión de Xosé González: “12 de agosto de 1975”

A opinión de Xosé González: “A lingua  das forzas e corpos de seguridade”

A opinión de Xosé González: “Unha vez máis no Couto Mixto”

A opinión de Xosé González: “Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua”

A opinión de Xosé González: “Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”

A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell

A opinión de Xosé González: “Carme Vaquero, unha muller excepcional na historia do municipalismo galego”

A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”

A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”

A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”

A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”

A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------