Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamente porque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.
O seu autor afonda nas razóns da porcentaxe tan alta de persoas centenarias que hai en Galicia, e as moitas posibles explicacións que xustifiquen tal suceso. O noso país está entre os primeiros pobos de Europa nos que hai máis persoas idosas que se aproximan ou pasan dos cen anos de vida, mesmo con boa calidade de vida e espléndida saúde mental. Roberto Fernández recolle información de distintas fontes e analiza os datos do Instituto Galego de Estatística, pero tamén doutras enquisas que confirman a veracidade da información. Unha atenta lectura das esquelas publicadas polos medios de comunicación galegos tamén son outra fonte de información porque dan conta do número de persoas que falecen con 102 e 103 anos, a meirande parte habitantes das zonas rurais, de aí que Ourense e Lugo teñan as taxas máis altas de centenarios. Un informe titulado “A poboación centenaria de Galicia” ofrece unha cífra de 398 idoso, dos cales o 22% eran homes e o 78% mulleres. O resultado é unha proporción de 14,8 centenarios por cen mil habitantes.
Apunta no estudo o doutor Roberto Fernández datos moi ilustrativos da xeografía da alta lonxevidade. Velaí están, en orde ascendente: O Ribeiro (106), A Baixa Limia (108), O Carballiño (111), A Fonsagrada (111), Chantada (118), Allariz-Maceda (127), Os Ancares (142), A Paradanta (149), Terra de Celanova (159), Viana (202), e Castro Caldelas (325).
As causas destas longas vidas son de variado tipo. Poden ter oríxe xenética, pero tamén que hai que considerar outras hipotéticas variables connotadas coa dieta, paisaxe, o lecer, a sociabilidade e a actividade nos labores agrícolas, que ten, sen ningunha dúbida, boas consecuencias para a saúde mental e física. Conta o caso dunha muller que despois de sufrir un ictus isquémico non pode camiñar; cando o xenro a leva na cadeira de rodas a ver as terras, di ela: “Están preciosas…quen me dera poder sachalas”. Un exemplo evidente da “laborexia”, ou síndrome da hiperprodutividade, di Roberto, que opera coma unha vantaxe para a supervivencia que caracteriza de forma moi específica á poboación galega. O refraneiro popular ofrece solucións inxeniosas para paliar as incidencias da saúde. Son, ao cabo, coñecementos empíricos expresados maxistralmente cunhas cantas palabras ben enfiadas.
O que a min me entusiasma do ensaio que estamos a comentar é a incorporación de Roberto Fernández á nómina dunha solvente tradición médica que ten o punto de arranque na Escola Médica Galega, cerna da medicina antropolóxica, que quedou como dí García Sabell “amputada,rabuñada tercamente polo Destino”. Comeza co catedrático Varela de Montes ( autor do “Ensaio de Antropoloxía”, publicado en 1844) e felizmente continuada cos afamados galenos e catedráticos Nóvoa Santos, Rodríguez Cadarso, Ramón Baltar, Pérez Villamil, Peña Rei, Xoán Rof Carballo, López Nogueira, Domingo García Sabell… e moitos outros que coa súa solvencia científica recibiron o merecido nome da “Fonte Limpa”, todos eles moi estudados polo historiador Ricardo Gurriarán na súa obra “Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Profesionais asiduos aos congresos científicos europeos que ofrecíanlles aos pacientes diagnósticos e curacións certeiras.
Para min, que teño un número considerable de obras de antropoloxía médica,o ensaio que comentamos vén arrequecer o que García Sabell e Rof Carballo teñen denominada como “medicina que cura coa colaboración dos elementos patrimoniais propios da cultura galega”. O doente galego responde ás enfermidades con eses signos peculiares da nosa idiosincrasia.
E certo que coa incorporación das novas tecnoloxíoas a medicina amósase máis precisa na diagnose e con moitos éxitos terapéuticos. Mais esta novidosa e xa imprescindible maneira de curar non debera dar lugar á despersonalización das relacións cos pacientes, que debe ser sempre moi próxima e atendidos galegamente, porque a palabra contribúe positivamente á curación. Esta é a filosofía da Irmandade da Sanidade Galega que coordina Roberto Fernández o autor deste valioso ensaio cuxa lectura recomendamos.
Presidente do Foro E. Peinador.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Xosé González:
A opinión de Xosé González: “12 de agosto de 1975”
A opinión de Xosé González: “A lingua das forzas e corpos de seguridade”
A opinión de Xosé González: “Unha vez máis no Couto Mixto”
A opinión de Xosé González: “Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua”
A opinión de Xosé González: “Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”
A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell
A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”
A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”
A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”
A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”
A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”
A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”
A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”
A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”
A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”
A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”
A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”
Xosé González: “En Galego, agora e sempre”
A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”
A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”
A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”
A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”
A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

















