O Concello de Ribadavia pon en marcha un novo programa de conciliación para o nadal.

A conciliación no Nadal ofertará 60 prazas, 20 máis que o ano anterior, e será para nenos e nenas de 3 a 14 anos.

A súa duración coincidirá coas vacacións escolares, e cubrirá todos os días laborais desde o día 22, que comezan ata o 9 de xaneiro, cando rematan as vacación de nadal.

AVANTAR ACTIVIDADES

O horario que se ofertará será de 9 a 14h, unha hora máis que o ano pasado.

Os prezos sen embargo serán os mesmos que o ano pasado, 25 euros para familias empadroadas, e 50 euros para non empadroadas. Un prezo único moi accesible para todo o nadal, que contempla deducións para familias con más de un fillo inscrito e para as rendas reducidas.

O Concello aposta decididamente por facilitarlle ás familias de Ribadavia a conciliación da vida laboral e familiar, tamén nas semanas de nadal non lectivas e sen escola, o que supón unha oferta atractiva existente no Concello de Ribadavia en relación con outros concellos.

Esta actividade desenvolverase tendo en conta todos os protocolos sanitarios e de seguridade derivados da emerxencia sanitaria provocada pola pandemia do COVID-19.

A súa ubicación será no Pavillón de deportes de Ribadavia, onde se ofertará tanto actividades educativas como de lecer.

A inscrición comezará esta mesma semana, e presentaranse no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

O prazo de solicitude será do 2 ao 17 de decembro de 2021.

Criterios, a diferencia do ano pasado, este ano non será por orde de inscrición, senón preferenciando ás familias que máis o precisan.

As solicitudes serán valoradas en base ós seguintes criterios de prioridade que se cumpran na data de presentación de solicitude:

1º Situación laboral familiar: que traballen ambos proxenitores.

2º Situación laboral familiar: se só traballa un/unha dos proxenitores, que o outro/a preste unha atención a persoas dependentes, persoas con discapacidade ou menores de ata 3 anos (poñer ano nacemento)

3º Pola condición de discapacidade do neno ou nena.

4º Pola condición de familia monoparental.

5º Pola condición de familias numerosa, que teñan cando menos un proxenitor/a traballando.

6º Unidades familiares que non cumpran os anteriores criterios (do 1º ó 5º)

7º Unidades familiares empadroadas noutros concellos.

No caso de que dúas ou máis unidades familiares teñan igualdade de criterios, terá prioridade a data de solicitude no rexistro.

Se fora o caso, unha vez esgotadas as prazas existentes crearase unha listaxe de agarda na que se inscribirá ós nenos e nenas. Utilizaranse os mesmos criterios de prioridade.