O Cine Club retoma a tempada de proxeccións cun filme colombiano

Este venres día 29 de setembro comeza unha nova tempada do Cine Club Carballiño coa proxección da película colombiana “Los reyes del mundo”, da directora Laura Mora. O filme foi o último gañador do Festival de San Sebastián, onde obtivo a Concha de Ouro e o Premio Zinemaldía da crítica, así como a triunfadora dos premios da Academia mexicana, onde foi considerada a mellor película iberoamericana.

Unha road movie viva e intensa, dura e fermosa á vez que nos conta a historia de cinco rapaces de Medellín que inician unha viaxe cara á nada onde pasa de todo. Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:00 e ás 22:30 horas, neste caso os dous en castelán.

AVANTAR ACTIVIDADES