Nota informativa do PsdeG sobre o último pleno da Deputación

a deputación reclama crear en ourense a segunda facultade de medicina de galicia, a pesar do rexeitamento do bng dunha dotación “clave” para a sanidade pública

Lama salientou que permitiría impulsar a mellora da sanidade galega e a vertebración territorial do interior de Galicia, evitando “desputas localistas” que agravan un “problema de cobertura de prazas”

AVANTAR ACTIVIDADES

O pleno si aprobou por unanimidade a creación dunha unidade de ictus no CHUO, así como a reclamación ao Sergas dunha mellora do transporte sanitario urxente dos pacientes con sospeita de ictus

A Deputación Provincial vén de reclamar a creación en Ourense da segunda facultade de Medicina de Galicia, co fin de impulsar a mellora da sanidade pública e a vertebración territorial do interior da nosa comunidade, co “único e sorprendente rexeitamento do BNG” deste centro docente ao non votar a favor e negar a súa necesidade, baixo o argumento de que supón “desviar a atención das prioridades”, a pesar do “problema de cobertura e reposición de prazas”.

A iniciativa aprobada pola Deputación reclama “instar á Xunta á creación en Ourense, na contorna do Hospital Universitario do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) da segunda facultade de Medicina, co fin de incrementar o número de profesionais formados na nosa comunidade para facer posible, xunto co aumento de prazas MIR, dunha mellor planificación e cobertura das necesidades de persoal” actuais e futuras.

Tamén pide instar ás institucións do Sistema Universitario de Galicia a “evitar disputas innecesarias sobre a creación dunha segunda facultade”, optando por “establecer este necesario centro na contorna do CHUO”. Así mesmo reclama á Deputación “defender e participar, mediante a colaboración económica ou patrimonial que sexa necesaria, a creación da segunda facultade de Medicina”, xa que parte deses terreos son patrimonio desta institución.

A vicevoceira, Elvira Lama, denunciou que, desde hai anos, “a administración vese obrigada a usar procedementos extraordinarios de contratación para poder dotar de persoal a servizos e especialidades”, antes de recordar que Galicia é a terceira peor comunidade en ratio de médicos e médicas. “A única facultade galega leva anos saturada sen que ninguén poña remedio a este problema por culpa de disputas localistas”, recordou.

Galicia tamén é a comunidade con peor ratio de facultades, xa que pesar de ser a quinta rexión máis poboada de España, só ten un centro. Outras comunidades menos poboadas como Castela e León (2,2 millóns), Canarias (2,2 millóns) ou) Aragón (1,3 millóns) contan con, a lo menos, dúas facultades cada unha. Incluso Navarra, con só 600.000 habitantes, ten tres facultades.

A vicevoceira tamén reprochou ao PP presumir de “votar a favor para evitar titulares negativos”, algo que recoñeceu directamente o vicepresidente da institución. Igualmente recordou que a directora xeral de Recursos Humanos de Sanidade declarou recentemente nos medios que “faltan médicos” porque “formamos a máis residentes que prazas de Medicina hai en Galicia”, algo que “contradí o argumentario de PP, DO e BNG, negando a relación entre a falta de médicos e a necesidade de incrementar as prazas universitarias”.

“Esta ubicación evitaría pelexas que prexudican a toda Galicia”, insistiron os e as socialistas. De feito, recordaron que en 2015 os reitores das universidades de Vigo e A Coruña renunciaron reclamar unha facultade propia a cambio de que Santiago descentralizase a docencia clínica. “Sete anos despois, queda claro que esta solución non é óptima, xa que os problemas de cobertura cada vez son peores e a facultade compostelana segue saturada”, aseverou Lama.

Unanimidade en favor dunha unidade de ictus

O pleno tamén tratou a creación dunha unidade de ictus no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, así como a reclamación ao Sergas dunha mellora do transporte sanitario urxente dos pacientes con sospeita de ictus, co fin de poidan acceder á futura unidade de ictus en menos dunha hora. A proposta socialista foi aprobada por unanimidade. “A diferencia entre contar ou non con esta unidade especializada pode ser vivir ou morrer”, destacou o voceiro, Rafa Villarino antes de denunciar unha “situación altamente preocupante” polo “risco que supón para saúde da nosa veciñanza”.

O deputado do PSdeG-PSOE insistiu en que “é de xustiza que Ourense teña esta unidade porque non somos menos que o resto de Galicia”, xa que “a provincia de Pontevedra conta cunha, A Coruña con dúas e en Lugo teñen un servizo de permanente cun neurólogo especializado as 24 horas”. Tamén lembrou que os especialistas “reclaman esta unidade constantemente, pero nin a Xunta nin o Sergas acordaron a súa posta en marcha”.

Así mesmo apuntou que os ictus “son unha das principais causas de mortalidade”, pero tamén “doutros problemas tamén graves”, xa que “non só provocan mortalidade, senón tamén morbilidade con importantes secuelas”. “Esta non é unha moción do Partido Socialista; é unha moción da provincia de Ourense”, remachou Villarino.