Formación online no concello de Boborás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este mes de outubro poñemos en marcha unha nova actividade dentro do proxecto de empredemento Boborás ten futuro. Unha formación online imprescindible para desenvolver o teu proxecto empresarial totalmente ao teu ritmo:
Ti escolles as horas de realización: A plataforma está dispoñible 24 horas.
Ti escolles os contidos que máis te interesan: 20 módulos, entre eles aspectos novidosos como Intelixencia Artificial apliacada ao teu negocio.
Ti escolles cando comezar e acabar: A plataforma estará aberta desde hoxe e ata o 20 de outubro de 2023.
A formación é gratuita xa que está financiada pola Rede Eusumo de Economía Social da Xunta de Galicia. Unha vez completados os obxectivos, recibirás un diploma acreditativo da formación.
Inscríbete: https://forms.gle/emTd3s6f3WBuGaESA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO