A opinión de Xosé González: “12 de agosto de 1975”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polos alcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dos textos das esquelas que se publican nos xornais.

O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas datas en 1975 tiven unha demorada conversa con veciños da miña aldea sobre estas curiosidades onomásticas. Daquela eran moi frecuentes os apelidos “Expósito”, por exemplo, porque evidenciaban que o naipelo fora abandonado pola súa nai no torno dun hospicio. As monxas rexistrabannos con tal apelido. Os párrocos aos fillos/as de nais solteiras inscribíannos con chuscas filiacións como “Incógnito”,”N.T.” (no tiene), “N.C.” (no consta), “No”, “Desconocido”, “Sin Segundo” ( Celso E. Ferreiro dedicoulles un poema: “Fuco Pérez Sen Segundo”). Coñecín moitas persoas con esas odiosas filiacións.

Chegada a maioría de idade a lexislación permitíalles cambiar esas filiacións para non ter que apandar de por vida co carisma da deshonra. Foi asi como os “Sen Segundo” puideron pasar a chamarense “Sansegundo”. Lembro que en Vigo  naqueles anos había un xuíz con ese apelido, que supoño lle viría de herdanza; funcionario xudicial de talante autoritario e parcial na súa actividade xurisdicional que mantiña estreitas relacións de complicidade ideolóxica coa Brigada Político-Social, os máis deles coñecidos tamén polos seus alcumes : “A Cotovía”, “Benito O Cornudo”, “A Píta de Pesqueiras”, “O seminarista”, “O guapo”, “O baldreu”… Moitos deles tiñan como medio de vida a extorsión  e o exercicio da tortura, práctica esta que adoitaban utilizar para sonsacarlles  aos detidos confesións pola forza. Cumpridas as setenta e dúas horas da detención tiñan que presentar os detidos perante o Xuíz. Daquela facíanlles esta malévola  advertencia: “Desta non te salvas, porque está Sansegundo de garda, e vas directamente para o cárcere.

No meu caso, Sansegundo asinou unha orde ingreso na prisión de Vigo. Aos quince días meu pai pagou 50.000 pesetas para conseguir a miña liberdade condicional. Mais foi o caso que ao saír xa me estaban agardando fóra os que me torturaran. Como non me puideran quitar ningunha confesión delatora anteriormente, no coche,  camiño da comisaria, fóronme advertindo que desta volta ía saber o que era bó, aludindo asi a formas de tortura máis violentas.  Nada máis choerme na cela prepareime sicoloxicamente para os interrogatorios. Acordei  entón dun dito popular que di :  “mentres o pau vai e vén,descansa o lombo”; ou aquel outro que afirma que “o que malla tamén cansa” Neses periodos de tempo atopaba refolego. Iso desquicíabaos. Subiron o ton da tortura meténdome nun claustrofóbico cortelliño de mínimas dimensións,escuro e sen respiradeiro. Chamánbanlle eles “o amolecedor”. Os detidos sofrían tal crise de ansiedade que desperados pedían a berros  que os liberasen a cambio de recoñecer o que lles pedísen. Eu aguantei. (“non hai mal que cen anos dure”,convencíame a min mesmo). Iso alporizounos aínda moito máis.Buscaron outro escenario.Leváronme ás tres da madrugada á praia de Alcabre onde simularon un “paseo”. Tampouco lles resultou eficaz.Dei a volta  e mirándoos desafiante díxenlles que disparasen; eu serei a víctima e vós os asasinos”.

O caso foi que aqueles policías con alcumes xa citados tiveron que presentarme outra vez no Xulgado. Pero desta volta o xuíz chamábase Luís Manuel Amador Moreiras. Feita a pregunta de rigor: “Tiene algo que declarar”?, respondínlle que si abrindo a camisa para que vise como tiña o corpo cheo de mazaduras. Aquel maxistrado demócrata quedou abraiado polo estado que presentaba, díxo: “Yo de esto no quiero saber nada”. Instoume a fuxir. Para curarse en saúde ditou unha orde de busca e captura. (“Estando el detenido prestando declaración abandono precipitadamente mi despacho”).Aínda vive Nemesio Barxa,o meu avogado, para contalo.

Aquela orde de busca e captura estivo en vigor deica 1984. Durante eses anos, malia ter sido amnistiado, e sendo funcionario público, fun incordiado, retido e detido ben  veces. Como di Óscar Alzaga no seu libro “La conquista de la transición (1960-1978).Memorias documentadas”, referíndose a Rodolfo Martín Villa, ministro de Interior, “sus órdenes de destrución de las fichas policiales para propiciar la reconciliación política nunca se cumplieron”.

As vicisitudes que vivín relatareinas nas memorias que estou a escribir. Non esquecerei que días antes do 12 de agosto,alguén que debera estar no exilio en Porto, tomou a temeraria decisión persoal de vir  de vacacións a Vigo “para estar coa familia”(!). Aínda hoxe non sei como intepretar aquel feito.

Presidente do Foro E. Peinador.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “A lingua  das forzas e corpos de seguridade”

A opinión de Xosé González: “Unha vez máis no Couto Mixto”

A opinión de Xosé González: “Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua”

A opinión de Xosé González: “Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”

A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell

A opinión de Xosé González: “Carme Vaquero, unha muller excepcional na historia do municipalismo galego”

A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”

A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”

A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”

A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”

A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------