Esta próxima fin de semana temos no Cine Club Carballiño unha actividade especial en colaboración coa Fundación Carlos Velo, centrada na obra do cineasta de Cartelle exiliado en México, onde fixo a súa carreira dentro do mundo do cinema, e tamén na obra da súa neta, Laura Gárdos Velo, coa que contaremos os tres días no auditorio Manuel María para a presentación das películas. Comenzaremos o venres día 11 de novembro coa proxección do filme de Laura Gárdos, Años después, coproducción galego-mexicana que supuxo o debut trala cámara da súa directora. Os pases serán os habituais, en sesións de 20:00 horas (onde contaremos coa presenza de Laura Gárdos) e de 22:30 horas.
Continuarán o sábado 12 ás 19:00 horas cun filme documental realizado por Laura sobre a obra do seu avó, titulado Vieiros, no que se reconstrúe a traxectoria do cineasta a partir das fotos e documentos atopados pola súa filla e neta nunha visita ao estudio de Velo. Antes do documental proxectaremos unha curta de Laura Gárdos, Somos pasajeros.
E pecharán o ciclo o domingo día 13 ás 19:00 horas con outra curta de Laura, Chocolates Cortázar, e a posterior proxección de Enviado especial, película de Carlos Velo que estaba inédita e que a Fundación logrou recuperar en México. As entradas para os dous primeiros días serán todas a 3 euros, e a entrada para o domingo será gratuíta.