Movilizacións da Cig en Carballiño e Ourense este venres día 3

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

DATA: venres 3 de xaneiro de 2025.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

LUGAR: rúa Valle Inclán de Ourense e Concello e residencia do Cornubal do Carballiño.

HORA: entre as 12:00 e as 15:30 horas.

ASUNTO: A CIG-Servizos convoca unha serie de mobilizacións na provincia de Ourense para este venres 3 de xaneiro.

Ás 12:00 horas desenvolverá unha concentración diante do Gadis da rúa Valle Inclán de Ourense no marco da campaña que está a desenvolver contra a excesiva carga de traballo, os abusos o acoso laboral que padece o persoal da cadea de supermercados.

De 14:30 a 15:00 horas levará a cabo outra protesta diante do Concello do Carballiño para denunciar os impagos e os atrasos salariais das traballadoras do SAF por parte de Gesmedical, a empresa concesionaria

E de 15:00 a 15:30 horas trasladará as mobilizacións á residencia de persoas dependentes do Cornubal -que tamén xestionaba Gesmedical até a recente intervención do centro pola Xunta- para reclamar o pago das nóminas pendentes.