Ribadavia leva mañá a pleno un Plan de axudas con tres liñas por valor de 30.000 euros

Publicidade ASPADISI

A corporación de Ribadavia reunirase mañá en sesión plenaria, ás 20:00 horas. Entre os puntos da orde do día está a aprobación dun novo Plan de Axudas con tres liñas: autónomos, hostalaría e viticultura; para o que destinarán 30.000 euros unha vez estean os presupostos aprobados de xeito final.

Tamén levan a modificación da ordenanza do prezo público da escola de teatro,  oconvenio ca Confederación Hidrográfica para a reparación da canalización en San Critovo e a inscrición no rexistro municipal do Ribeiro do Avia Promesas Fútbol Sala. Ademais, inclúense dúas mocións do BNG, unha para o mantemento do servizo bancario do Banco Santander e outra para axilizar os servizo municipais que están prorrogados.

HIPER MASIDE