Comunicado da Deputación de Ourense sobre a apertura de dilixencias policiais de investigación sobre o presidente Manuel Baltar

Esta mañá, axentes do Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) comunicaron en Leiro ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a apertura de dilixencias policiais de investigación.

O día dos feitos, domingo 23 de abril, ao presidente da Deputación de Ourense foille notificada a incoación dunha sanción administrativa, que foi cumprida en razón das indicacións recibidas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente, por recomendación expresa do seu avogado, non realizará declaracións sobre este asunto á espera de que conclúan as actuacións correspondentes.

Manuel Baltar é o primeiro en lamentar tanto as consecuencias públicas que se poidan derivar destas comunicacións recibidas como a propia situación xerada.