O artista Pedro Vilela inicia este mércores, 8 de xullo, en Ribadavia, a súa andaina na décima edición das Residencias Paraíso. As Residencias Paraíso son un programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. A Igrexa da Madalena acolle, até o sábado 18 de xullo, a sexta destas residencias artísticas de 2026, en torno á proposta do artista, comisario e investigador Pedro Vilela, que ten por título Zoombies. Mesturando teatro, discurso político e cultura pop, o espectáculo revela como o medo e a deshumanización foron utilizados para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial.
Unha vez finalizada a súa residencia artística, o creador ofrecerá unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá lugar no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a MIT, na mesma Igrexa da Madalena, o sábado, 18 de xullo, ás 20,00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade do espazo. Paralelamente, o artista participará, xunto ao resto de ‘Artistas Paraíso 2026’, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que terá lugar os días 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Simón, en Redondela.
A obra utiliza a figura do zombi como metáfora para explorar como, ao longo da historia, construímos inimigos externos. Mesturando teatro, discurso político e cultura pop, o espectáculo revela como o medo e a deshumanización foron utilizados para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial.
Residencias Paraíso é un proxecto de Colectivo RPM en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Industrias Culturais. Está coproducido pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Oleiros, o Concello de Ponteareas, o Concello de Ribadavia, a Deputación de Pontevedra e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia. E conta coa colaboración do Centro Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego, o Vello Cárcere de Lugo, o FIOT de Carballo, o Pazo da Cultura de Narón, a MIT de Ribadavia, Artistea, o Padroado da Cultura do Concello de Narón e a Bienal de Pontevedra.

















