O Carballiño baixa dous casos ata os 33 contaxios activos

Segundo a última actualización de casos activos de covid emitida polo Sergas, a comarca do Carballiño conta con 43 contaxiados.

A súa capital, o concello do Carballiño, baixa hoxe dous casos activos, ata os 33 positivos, volvendo a descender logo dun pequeno repunte onte. Boborás conta con tres casos activos e Maside con outros tres, descendendo as cifras de onte. Beariz conta con dous casos activos. Piñor e San Cristovo de Cea contan cun caso activo cada un. O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES