Últimos días para facer o uso do bono comercio “O Carballiño contigo”

O Bono Comercio “O Carballiño Contigo” poderá utilizarse ata este próximo domingo día 21 de novembro. Lembramos que máis de 160 establecementos do Carballiño, tanto comercios coma hostalaría, están adheridos a esta campaña. Todos eles poden consultarse na páxina web www.carballinocontigo.com.

Publicidade

Esta segunda edición foi todo un éxito. Despois da primeira edición feita no pasado Nadal, nesta ocasión a xente volcouse ca iniciativa, e os comerciantes quedaron moi satisfeitos co resultado.

Ademais, dende a organización, informaban a todos os que adquiriron a tarxeta de que non a tirasen ó lixo, xa que se barallaba que se puidese reactivar de cara ó Nadal.

Pero sobre todo, xa está no aire a posibilidade de que haxa unha terceira edición deste bono. Por parte do Centro Comercial Aberto amósanse dispostos a seguir traballando nesta iniciativa.