O`Potiños arranca unha nova edición do Arenteiro Fotográfico

Esta fin de semana deu comezo unha nova edición do Arenteiro Fotográfico, organizado pola asociación O’Potiños. Dende a pasada semana está aberto ó público o local situado na rúa Principal, que alberga varias exposicións desta mostra. En total serán once exposicións colectivas e individuais as que se poderán ver, complementadas con charlas, cursos e coloquios.

E onte  domingo, na Casa da Cultura, tivo lugar o acto de inauguración. Entregáronse tamén os premios do concurso de temática libre que tivo lugar ata o mes de setembro. Os gañadores foron, o primeiro premio, de 400 euros outorgado polo concello, para Rosa belén Leste, ca foto “Quéreme, non me quere… quérome”. O segundo premio, con 200 euros en vales de compra nos establecementos asociados do CCA, para Javier Arcenillas baixo o título “Refuxiado”. E o terceiro premio, con 100 euros en vales de compra nos establecementos asociados ó CCA, para Begoña Amaré, baixo o título “O Toque”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta xornada fíxose tamén unha homenaxe con entrega de obsequios ó fotografo galego Vari Caramés, homenaxeado deste ano.