Concurso de comparsas do martes de Entroido

ESTE XOVES, 6 DE FEBREIRO, ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE COMPARSAS DO MARTES DE ENTROIDO

O Diario Oficial da Provincia publica hoxe un extracto das bases para participar no concurso de comparsas do Martes de Entroido no Carballiño. O prazo para a presentación das follas de inscrición comeza este xoves, 6 de febreiro, e remata o venres 21, en horario de oficina de 09,00 a 14,00 h. 

AVANTAR ACTIVIDADES

As inscricións faranse no departamento de Cultura do concello  e presentaranse no rexistro municipal. Para calquera consulta poderán chamar aos teléfonos 662 198 615 ou 988 530 007, ext. 29. 3.

Para este concurso a Concellería de Cultura establece os seguintes premios: 1º premio: 1.300 euros; 2º premio: 1.000 euros; 3º premio: 800 euros; 4º premio: 400 euros; 5º premio: 350 euros; 6º premio: 300 euros; 7º premio: 250 euros; 8º premio: 200 euros: e  12 accésits de 120 euros ás comparsas que non acaden ningún dos premios anteriores. Tamén haberá un premio especial de 300 euros para a mellor comparsa que acade a maior puntuación.

As cinco primeiras comparsas gañadoras terán un incremento de 250 euros cada unha delas, sempre que participen no desfile do día 1 de marzo, Domingo de Piñata. Dada a non obriga da participación neste desfile, en caso de que algunha delas non desexe participar, poderáselle ofrecer á seguinte na clasificación. Aos premios aplicaránselles as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente e poderán ser compatibles con outros para o mesmo fin.