Ourense reduce a ocupación en planta e mantén sete persoas na UCI

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 179 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.064, o que amosa un leve descenso. A presión asistencial baixa lixeiramente. Hoxe hai 45 (-3) persoas na UCI, e 152 (+3) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un ascenso de casos. Hoxe hai 19 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe con respecto a onte en 1 caso maís, ata os 272 casos totais. Os hospitais presentan hoxe unha leve baixada na presión ocupacional. Contamos con 12 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES