O martes, 8 de abril, nova presentación ozoqueira!!!
Vainos visitar a ilustradora Elena Andrés para falarnos das últimas aventuras da Brigada Iridescente, “O fantasma do vestiario das rapazas”. Vai estar acompañada do músico e tamén ilustrador David González Gándara. Ademais de contarvos cousiñas deste libro imos ter un pequeno obradoiro de banda deseñada ao que podedes asistir todo o mundo, é para idades comprendidas entre os 3 e os 99 anos (ámbolos dous incluídos).
Xa sabes, ficas convidadísoma / convidadísimo!!!!
Ah!!!!! I M P O R T A N T Í S I M O!!!!!!! Elena Andrés é a nosa ilustradora favorita!!!!!
É a autora das ilustracións dos nosos xogos GALIZA NO TEMPO e + (MÁIS) GALIZA NO TEMPO, unha chulada!!!!