O Sporting Carballiño volve a competir despois dun ano de parón pola pandemia. A liga da primeira autonomica comeza o 15 de outubro

O Sporting Carballiño comezou os adestramentos no campo da Uceira  , con vistas ó primeiro amistoso o sábado 11, ás 17:00h na Cañiza. Despois dunha tempada sen competir polo inicio da pandemia, os carballiñeses volverán a xogar en primeira autonómica ,nunha liga dividida en dous grupos no que o ascenso é mais difícil. Aínda así a directiva ponse como obxectivo quedar nos primeiros postos.

Jordi gonzalez quesada, presidente do club falou deste ano de parón e do retorno a competición autonómica, coas novas incorporacións que veremos este ano no campo da Uceira, acondicionado tamén con todos os requisitos sanitarios anti covid

AVANTAR ACTIVIDADES

Os amistosos comezan este sábado e seguirán durante as festas do setembro, o dia 15 no campo da Uceira, previos a tempada oficial.