Qué medidas entran en vigor este venres na nosa contorna? Consulta aquí o que se poderá facer

A madrugada do xoves ó venres desta Semana Santa entran en vigor as novas medidas restritivas para os concellos. Recordamos cales serán.

Beade mantense coma o único concello de Galicia en nivel máximo de restricións, o que supón peche perimetral, peche de hostalaría e prohibición de reunións de non conviventes en todos os casos. O Irixo endurece as restricións, subindo a nivel alto, no que xa se atopa Cortegada dende onte. Isto supón que a hostalaría terá que pechar os interiores dos locais e so poderá atender en terraza con 50% de aforo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño e Ribadavia mantéñense en nivel medio, con aforo na hostalaría do 30% en interiores e do 50% en terraza.

Maside abandona este venres o nivel alto e pasará ó nivel medio-baixo, o que supón a apertura da hostalaría en interiores co 50% de aforo e 75% en terraza.

A mobilidade está permitida para todos eles, salvo con Beade. E en canto ás reunións, agás en Beade, están permitidas  nos espazos públicos nun máximo de seis persoas en exteriores e de 4 en interiores e prohibidas en domicilios.

PUBLICIDADE