Afaor dará a coñecer no Carballiño as claves do alzheimer instalando unha mesa informativa o vindeiro mércores

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor) instalará o vindeiro mércores, día 16, e coincidindo coa xornada de feira, unha mesa informativa na rúa Rosalía de Castro, ao carón da Praza Maior do Carballiño, tendo en conta que setembro é o Mes do Alzheimer.

A entidade ourensá dará a coñecer á veciñanza e visitantes do Carballiño a laboura que leva a cabo coas persoas afectadas por esta enfermidade e as súas familias, de xeito que aqueles que precisen orientación e información sobre o alzheimer e as actividades que Afaor está a desenvolver, poderán achegarse a esta mesa en horario de 10,00 a 13,30 horas.


Desde hai varios anos, Afaor, en colaboración co Concello do Carballiño, vén desenvolvendo con gran éxito un obradoiro de estimulación
cognitiva para persoas con deterioración cognitiva leve. Este taller realízase dúas veces por semana nas instalacións de Bo Día Familia’.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------