Para o BNG, non ten sentido manter o “moucho bus” e o “tren das termas” carentes de usuarios, namentres noutras liñas existe saturación

O Grupo Municipal do BNG denuncia que actualmente estanse mantendo servizos cando non están tendo usuarios. Servizos polos que ademáis o concello paga á empresa concesionaria polo mero feito de estar activos, teñan usuarios ou non

O Grupo Municipal do BNG a través dos seus concelleiros Luis Seara e Rhut Reza, denuncian que actualmente, estanse mantendo servizos no transporte público cando non existen usuarios para os mesmos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para os nacionalista é incomprensíbel que se manteña o servizo de “moucho bus” cando existen actualmente e derivadas das medidas adoptadas pola COVID-19, restriccións nocturnas á mobilidade que impide a circulación entre as 23:00 e as 06:00 horas.

Algo moi similar sucede co servizo do chamado “tren das termas”, o cal, actualmente e ante o peche das mesmas, carece de usuarios suficientes como para mantelo activo. De feito, segundo puideron constatar os nacionalistas, hai días nos que apenas é empregado por un usuario.

Para o grupo Municipal do BNG, aparte de non ter sentido manter servizos claramente prescindibles nestes momentos e aproveitar os recursos, xa de por sí limitados, para reforzar outros que verdadeiramente precisan dese reforzo. O concello debe optimizar os recursos economicos, xa que, a empresa concesionaria cobra do concello tanto polos servizos de “moucho bus” como polo do “tren das termas” independentemente de si teñen usuarios ou non.

É preciso que o concello corrixa esta situación polo que os nacionalistas pídenlle ao goberno local, suprima o “moucho bus” e o “tren das termas” ata que a situación sanitaria mellore e sobre todo, ata que volvan a ter demanda. Deste xeito optimizaríanse recursos ao tempo que se deixaría de pagar por uns servizos claramente prescindibles neste momento.

Desde o BNG aproveitan unha vez máis para reiterar as peticións feitas en varias ocasións ao longo dos últimos meses. Piden que o Goberno local aclare cales son os límites de aforo nos autobuses urbanos da cidade e que adopte as medidas para garantir que se respeitan. Todo elo en base á situación sanitaria na que se atopa o conxunto do concello.

Os nacionalistas, reclaman que se reforce con máis autobuses as liñas e frecuencias de maior demanda para evitar amoreamentos e garantir as mellores condicións preventivas fronte á Covid-19.

Lembran que desde o inicio da pandemia, formularon diversas propostas en relación ao transporte urbano. Estamos diante dun servizo esencial para o concello e desde o primeiro momento instouse a que se adoptasen as medidas que fosen precisas para facelo seguroMáxime ante o actual recrudecemento da pandemia.