O Servizo de Emerxencias estrea nova nave no Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Servizo de Emerxencias do Carballiño estrea novas instalacións construídas polo concello. Está emprazado no antigo Campo da Feira e dispón de garaxe para vehículos, cabina de recarga de botellas para incendios, zona de lavandería, dúas habitacións, dous baños, sala de xuntas e cociña, entre outras dependencias.

O cadro de persoal, que aumentou de 8 a 16 efectivos no último mandato, xa conta cunha nave adaptada para un equipo que traballa 24 horas os 365 días do ano.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Contou cunha inversión de preto de 160.000 euros, que contou cunha subvención da Xunta de Galicia de 60.000 euros e o restante, de inversión municipal. O gasto para o equipamento ascendeu a 25.000 euros.

O seu cambio de ubicación débese a que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística obrigou ó derrubo da antiga nave por estar construída en terreo do Sistema Xeral de Zonas Verdes.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------