VÍDEO| Así viviron os partidos a noite electoral no Carballiño

No día despois das eleccións municipais, facemos hoxe un repaso polos resultados electorais. No Carballiño, a situación cambiou con respecto ó 2019. O PSOE perdeu a maioría absoluta, pasando dos nove concelleiros ó seis conseguidos onte. Para Francisco Fumega, o escenario que se abre con estes resultados “non é bo para Carballiño”.

No caso do Partido Popular, liderado agora por Lino González, soben dos catro ós cinco concelleiros. Para eles, chega o momento de sentarse e plantexarse os posibles escenarios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Espazo Común é o partido que maior crecemento presenta. Nestes comicios conseguiron incrementar a representación dos tres ós cinco concelleiros. Pachi Vázquez asegura que “fará o que faga falla para garantir o cambio que a cidadanía reclama”.

No resto da comarca, en Boborás, o Partido Popular de Patricia Torres consegue unha maioría aplastante de 10 concelleiros. En Beariz, o PP de Manuel Prado consegue a totalidade da cámara, sete concelleiros. En San Cristovo de Cea, tamén maioría do PP, que baixa un concelleiro. No Irixo, o PP perde a maioría absoluta; o PSOE baixou ós dous concelleiros en favor de Xuntos polo Irixo, que se inicia con tres. En Piñor, maioría absoluta para o PP que sobe votantes e o PSOE desaparece. Tamén maioría absoluta do PP en San Amaro, onde tamén desaparece o PSOE. En Punxín, tres para ambos, PP e PSOE e a chave de goberno para CxG. En Maside, o PSOE consegue manter a maioría absoluta a pesar de perder un concelleiro; o PP suma ata os cinco.