Pazolandia consolídase como o gran e máis apreciado evento do Nadal na provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, explica que “máis de 25.000 persoas acudiron este ano ás actividades ofertadas, segundo o balance realizado polo estupendo equipo humano do Paco Paz tralo peche de onte pola noite. Sen dúbida, un aliciente para seguir impulsando e reforzando esta actividade tan fundamental nestas entrañables datas” 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 5 de xaneiro de 2024.- A poucas horas do peche de portas de Pazolandia, o balance de asistencia consolida a esta actividade, promovida pola Deputación, como “o gran e máis apreciado evento do Nadal na provincia”, tal e como sinala o presidente provincial, Luis Menor. 

En total, foron 25.354 as persoas que acudiron ás instalacións do Pazo Paco Paz, segundo o balance realizado polo persoal da instalación deportiva provincial tralo peche da actividade de onte pola noite. “Sen dúbida, este dato é un aliciente máis para seguir impulsando e reforzando esta actividade tan fundamental nestas entrañables datas”, sinala o presidente provincial, quen agradece o traballo, compromiso e profesionalidade ao equipo humano do Pazo Paco Paz, “pois sen eles, nada desto tería sido posible”. 

Ao marxe das entradas xestionadas polos 60 concellos da provincia que desprazaron a rapaces durante todos os días que durou a actividade, destaca que a venda de entradas online xa duplicou ás despachadas na taquilla do recinto (14.349 fronte a 7.334). No que respecta aos datos de asistencia diarios, a constante foi dunha media de 1.500 participantes por quenda. 

Pazolandia contou este ano con tres interesantes novidades relacionadas coas atraccións. Dúas delas estiveron instaladas no exterior da instalación debido o seu tamaño. Unha foi o “Boomerang”, unha atracción que acada os 22 metros de altura no seu punto máis alto e que consiste nun péndulo que xira sobre o seu eixe cun tamaño de 19 metros de largo, 12 de ancho e 22 metros de altura. A segunda novidade foi a “Pasaxe terror”, unha atracción de 10 metros de lonxitude pechada coas últimas tendencias relacionadas co mundo do terror e baseada en películas desta categoría. Outra das novidades destacadas nesta edición foi o “Mundo do xoguete”, unha zona especial para os máis cativos con todas as tendencias en xoguetes para bebés e cativos de ata 5 anos.  

Estas novidades uníronse á tradicional oferta de atraccións de Pazolandia, onde non faltaron os coches de choque; os xogos hinchables; as camas elásticas; a zona de tatuaxes; os obradoiros de maquillaxe, chapas e globoflexia; o tren Disney; o coaster tigre; as zonas de videoxogos; os apartados de baloncesto e fútbol; a barredora; así como as atraccións no exterior como o “Saltamontes”, “La olla” ou a pista americana, entre otras. Tamén houbo gardarroupa gratuito e diferentes opcións de restauración para todos os gustos.