Video ca intervención do senador José Manuel Balseiro Orol no Senado
En resposta á información publicada sobre a moción impulsada polo Grupo Parlamentario Socialista na Comisión de Agricultura do Senado, o Grupo Popular quere aclarar os seguintes extremos:
O rexeitamento do PP á moción socialista responde a que devandita iniciativa resultaba innecesaria e improcedente. A Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular, leva anos despregando unha estratexia activa de apoio ao sector vitivinícola do Ribeiro, con feitos e recursos, non con parches nin propostas baleiras de contido.
A Xunta de Galicia xa está a implementar medidas concretas e efectivas que responden as necesidades reais dos viticultores e as adegas:
- Axudas á reestruturación e reconversión de viñedos: Activouse unha nova convocatoria dotada con 4 millóns de euros (2,7 millóns para 2026 e 1,3 millóns para 2027) para que os produtores poidan modernizar as súas explotacións e adaptarse ás novas esixencias do mercado.
- Destilación de crise: A Xunta puxo en marcha liñas de axuda para a destilación voluntaria de viño, co obxectivo de reducir os excedentes e estabilizar os prezos. En 2026 iniciáronse os pagos destas axudas, que beneficiaron a 10 adegas do Ribeiro e Monterrei.
- Impulso ao enoturismo e a promoción: O PPdeG instou ao Gobierno central a que transfira a Galicia a xestión do Roteiro do Viño do Ribeiro, unha ferramenta clave para o desenvolvemento turístico e económico da comarca.
- Investigación e formación: A través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), están a desenvolverse proxectos de I+D para mellorar a calidade do viño, a sustentabilidade dos viñedos e a loita contra os efectos do cambio climático.
O senador do PP, José Manuel Balseiro, defendeu na súa intervención a necesidade de seguir traballando desde a lealdade institucional, pero deixou claro que Galicia non necesita que o Goberno central véndalle propostas que xa están en marcha. O Partido Popular sempre estivo e estará ao lado dos produtores do Ribeiro, demostrándoo con orzamentos e accións reais, non con ocorrencias oportunistas do PSOE.
O PSOE debería centrarse en explicar por que o seu Goberno central non foi capaz de articular un plan de choque para o sector primario e por que as súas políticas en materia de seguros agrarios ou fiscalidade non contribuíron a aliviar a situación dos agricultores galegos.
O Partido Popular continuará defendendo os intereses do campo galego desde as institucións onde goberna e tamén desde a oposición leal no Senado, sempre co obxectivo de conseguir resultados tanxibles para os cidadáns.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS








