Xunta e Deputación felicitan ao pobo de Ribadavia polo triunfo na campaña de Ferrero Rocher

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A capital do Ribeiro convértese no pobo gañador da undécima edición de ‘Juntos brillamos más’, a campaña navideña de Ferrero Rocher, según anunciou hoxe esta firma comercial. Deste xeito, a iluminación chegará a Ribadavia este xoves, aínda que hoxe mesmo xa comezaron os traballos para organizar a gala de alumeado que terá lugar esa tarde e que será presentada por Jesús Vázquez. Unha vez coñecida esta nova, o alcalde de Ribadavia, César Fernández, non podía ocultar a súa ledicia e orgullo. “Estou profundamente orgulloso. Dende o Concello facemos unha valoración moi positiva de ter gañado o concurso de Ferrero Rocher para que Ribadavia sexa o pobo que máis brille neste Nadal”. Así mesmo, o rexedor pon en valor a implicación da veciñanza. “Eu como alcalde estou enormemente agradecido a todos os veciños e veciñas de Ribadavia por todo o traballo, publicacións … toda a mobilización para conseguir que sexamos o pobo que máis brille no Nadal de 2024. Son momentos de profunda ledicia para toda Ribadavia. Queda patente que cando traballamos todos unidos, da man, o resultado é inmellorable”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para participar nesta competición, os veciños de Ribadavia decoraron con telas douradas as barandas da ponte de San Francisco con varias técnicas, pintando e adornando a estrutura con follas douradas. Según destacan dende Ferrero Rocher, “a participación activa e a gran mobilización cidadá foron fundamentais para obter o máximo respaldo” nas redes sociais. Esta nova edición de “Juntos Brillamos Más” comezou o 4 de novembro co anuncio das cinco localidades participantes e o inicio da votación, que estivo aberto ata o día 17, e, ao día seguint, anunciáronse as tres que pasaron á segunda quenda, que durou ata o día 28. Dende o 29 de novembro ata onte, 8 de decembro, competiron os dous finalistas, Ribadavia entre eles.

Finalmente, hoxe deuse por rematada a competición coa proclamación de Ribadavia como localidade gañadora, que supón, para César Fernández, “un impulso máis para ensinarlle a toda España o fermosa que é Ribadavia, o moito que ten para ofrecer, o noso patrimonio arquitectónico, termal ou o noso viño, pero, por riba de todo, o capital humano que temos en Ribadavia, os nosos veciños e veciñas que fan do noso concello un lugar único”.

Ás felicitacións que está a recibir por este galardón, esta mañá uníronse para expresar os seus parabéns o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o responsable de Turismo da Deputación Provincial, Rosendo Fernández, e o xerente de Expourense, Rogelio Martínez, quenes tamén destacaron o éxito acadado polo mercado “Artesanía, saber e sabor” celebrado esta pasada fin de semana, e que, según expresaron, contribuíu á dinamización comercial e turística da capital do Ribeiro.