ABANCA e Afundación inauguran en A Rúa a exposición fotográfica «Fillos do océano»

I Inaugurarase mañá, martes 11 de maio, ás 12.30 h, no Centro Cultural Avenida, onde se poderá visitar ata o 10 de xuño

I Esta exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de A Rúa, ABANCA e Afundación

AVANTAR ACTIVIDADES

OCentro Cultural Avenida de A Rúa acollerá mañá, martes 11 de maio, ás 12.30 h, a inauguración da exposición «Fillos do océano», un proxecto fotográfico de Javier Teniente. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de A Rúa, ABANCA e Afundación. Na apertura da mostra estarán o alcalde de A Rúa, Álvaro Fernández López; o concelleiro de Cultura, José Vicente Solarat López; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e a coordinadora Institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano. 

As comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo, así como as mulleres e homes que viven por e para o mar, son as protagonistas deste proxecto que reúne imaxes únicas de Galicia ou Andalucía e de outros países como Senegal, Nicaragua, India, Sri Lanka, Brasil, Panamá, Madagascar, Vietnam, Noruega ou Indonesia. A mostra, de entrada libre e de balde, poderase ver no Centro Cultural Avenida de A Rúa do 11 de maio ao 10 de xuño.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Evento Inauguración da mostra «Fillos do Océano»
Lugar Centro Cultural Avenida de A Rúa (rúa Progreso, 90)
Data e hora Martes, 11 de maio, ás 12.30 h
    Asistentes Álvaro Fernández López, alcalde de A Rúa José Vicente Solarat López, concelleiro de Cultura Mateo Alonso San Román, coordinador Institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora Institucional para Ourense e Lugo de Afundación