Hoxe entra en vigor a nova factura da luz, baseada na discriminación horaria

Dende hoxe, 1 de xuño, entra en vigor a nova estrutura da factura da luz baseada na discriminación horaria co obxectivo de incentivar o consumo nos momentos nos que as redes están menos conxestionadas. Estes cambios aplicaranse a todos os consumidores domésticos e pemes e permitirá aforrar en función da eficiencia do seu consumo.

A discriminación horaria refírese a que o consumo estará dividido en tres períodos:

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Horario punta, o máis caro: comprende, de luns a venres, entre as 10:00 e as 14:00 horas e as 18:00 e as 22:00 horas.
  • Horario chan, cun coste “intermedio”: comprende, de luns a venres, entre as 8:00 e as 10:00 horas da mañá, as 14:00 e as 18:00 horas da tarde e as 22:00 e as 24:00 horas da noite.
  • Horario val, o máis barato: comprende, de luns a venres, entre as 24:00 horas e as 8:00 da mañá e todas as horas das fins de semana e festivos.