O FETEGA segue anunciando os cursos da 31ª edición

ABC da IMPRO PARA ACTRICES E ACTORES será o obraidoiro que terá lugar os días 22 e 23 de agosto, sábado e domingo. A actividade estará impartida por Antón Coucheiro e para asistir será necesario inscripción previa. Para facelo debes cubrir o formulario na páxina do FETEGA e, unha vez feito, recibirás un correo de confirmación, para rematar segue os pasos e realiza o ingreso.

A organización só ofrece 18 prazas e darase prioridade por orde de recepción do importe da matrícula, que ten un prezo de 50 euros. A inscrición está aberta do 10 ao 20 de agosto ás 15 h. O curso será impartido de forma virtual, na Sala Virtual do FETEGA, cunha duración de 12 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este curso está orientado para actrices e actores que queiran experimentar coa técnica da improvisación, unha auténtica ximnasia actoral, na que se exercitan as habilidades de interpretación, dramaturxia e dirección, simultaneamente, sobre o escenario. Traballaranse as bases fundamentais, nunha inmersión práctica na que os participantes aprenderán a manexar e a integrar certas ferramentas indispensables para crear escenas improvisadas. Co inicio do curso entregarase material bibliográfico, conceptual e audiovisual.

O obradoiro poderase complementar nos seguintes días co Obradoiro de LONG FORM IMPRO E IMPRO ONLINE (este último de balde para quen asistira aos dous obradoiros anteriores).