A Deputación mantén a “longa e fluída” colaboración coa Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia en apoio do sector  primario e da saúde pública

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro co presidente da Academia, Andrés Hermida, nunha reunión na que se constataron os “satisfactorios resultados” da relación entre ambas institucións

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 31 de xullo de 2026.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo co presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Andrés Hermida, no que se abordou a longa e fluída colaboración que mantén a Deputación coa institución científica, apoiando o labor que desenvolve desde o Pazo de Fontefiz (Coles), e cunha ampla representación da provincia na directiva.

Tamén coa presenza do secretario xeral da Academia, José Ramón Justo, na reunión constatáronse os “satisfactorios resultados” da relación entre ambas institucións, destacou Luis Menor, “o que garante a continuidade desta colaboración”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Para o presidente provincial, as actividades que desprega a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia son de “gran interese”, polo que o apoio por parte da Deputación manterase no futuro para seguir desenvolvendo iniciativas na provincia, tanto a favor do sector primario como tamén “nun ámbito importante como é a prevención e mellora da saúde pública, na que os veterinarios teñen amplas competencias”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------