Feijóo no acto de entrega de carnés a novos afiliados

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Feijóo reafirma que as portas da gran maioría unida de Galicia están abertas a todos os que prefiren moderación e entendemento

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • Incide en que a fórmula que funciona en Galicia é a do PPdeG: a da normalidade, o entendemento, a estabilidade e a unidade
  • Fronte a formacións que actúan como fotocopia ou sucursais doutras, o Partido Popular “fai máis Galicia e máis España”

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou que as portas da gran maioría unida de Galicia están abertas a todos os que prefiren moderación, entendemento; veñan de onde veñan.

Así, durante o acto de entrega de carnés a novos afiliados, salientou que o PPdeG é un punto de encontro diario de miles de galegos, que dá forma política ao sentir e ao facer desa gran maioría, porque resalta o que os une, incrementa o seu benestar e traballa para o progreso de Galicia e España. “No PPdeG unímonos máis cidadáns que en ningún outro partido”, porque, tal e como sinalou, esta gran maioría “é grande porque é aberta”.

Fronte aos que cren que a política é un cruce de declaracións entre responsables de distintas formacións ou ocupar un escano e falar desde un atril, Feijóo puxo en valor a política que subliña e dá valor ao que fai todo un pobo xunto. “Este partido e garantía de poñer en valor o que Galicia fai e de que non quede fóra do marco ideolóxico do que a maioría de galegos pensan e defenden”, incidiu.

MILITANTES E SERVIDORES DE GALICIA

Neste punto, o líder do PPdeG fixo fincapé en que os novos afiliados, a pesar de que son xente moi diferente, teñen un mesmo nexo en común: Galicia. E indicou que o carné que reciben, ademais de que dá o dereito a que este partido non decepcione; outorga obrigas, a de comportarse á altura que se merece a nosa Comunidade, a de buscar o entendemento entre os galegos e a de servir a Galicia. “Con carné ou sen carné, aquí todos somos militantes e servidores de Galicia”, indicou.

Para Feijóo, Galicia é moito máis que a visión parcial dun político, dun partido ou dunha ideoloxía. De aí que incidira en que o PPdeG, ademais de non repartir carnés nin de demócratas, nin de bos ou malos galegos nin de patriotas, tampouco os esixe para sumarse ao seu proxecto; porque a maioría do Partido Popular é “aberta e diversa”, na que conflúen galegos moi diferentes: “A todo aquel que cree no entendemento, na moderación, na estabilidade e na Galicia que formamos todos, non se lle pide ningún carné nin se lle pregunta de onde vén, senón a onde podemos ir xuntos”.

Propuxo máis normalidade, entendemento, estabilidade e, tamén, unidade na política. E salientou que esta fórmula “aberta, moderada e estable” xa existe e funciona en Galicia: é o PPdeG; un partido que avoga por unir a máis cidadáns. E é que, segundo afirmou, superando os oportunismos e os intereses partidistas e centrando todos os esforzos en facer que a gran maioría de galegos se sinta mellor representada, se acadará o entendemento.

DESDE GALICIA, MÁIS GALICIA E MÁIS ESPAÑA

Para Feijóo, o PPdeG fai máis Galicia e máis España, porque non actúa como mascota de ninguén, como fai o PSdeG; non é un partido fotocopia coma o BNG, que imita ao nacionalismo e ao independentismo vasco e catalán; nin é un partido persoa, coma o populismo. E tampouco, dixo, nin é un partido de pensamento único nin unha sucursal de ninguén.

Por iso, remarcou que no PPdeG caben todos os que prefiren o entendemento ao enfrontamento, a moderación ás posicións extremas, a coherencia ao incumprimento e a estabilidade ao egoísmo: “Cabemos os que non queremos elixir entre Galicia ou España e os que queremos o benestar dos galegos e o progreso do país”.

E é que, tal e como indicou, o PPdeG débese a todos os galegos, tamén aos que non o votaron. Así, sostivo que “é o partido que os galegos esperan”, polo que todo representante ten que facer o que ten e debe facer sen limitacións.