A UCI do hospital de Ourense incrementa a ocupación a 14 pacientes covid

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 935 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, incluso restadas as altas, os datos totais pasen ós 22.440, baixando a cifra con respecto a onte en 85 persoas. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 253 (-6) persoas na UCI, e 1.125 (-61) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase a quinta xornada de descenso. Contamos con 114 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 59 casos, ata os 2.815 casos. Os hospitais hoxe amosan estabilidade, contan con 176 (-8) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e mantendo 14 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na última xornada, Sanidade notificou o falecemento de seis persoas en Ourense.