O Carballiño mantén estables 102 casos activos e a maioría de concellos baixan as súas cifras

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 152 contaxiados.

Publicidade

O Carballiño conta hoxe con 102 casos activos, os mesmos ca onte.  Boborás baixa un caso ata os 16 contaxiados. Beariz dous casos ata os 9 casos activos; Maside mantén 9 casos activos; San Amaro sobe un caso, ata os 5 contaxios; O Irixo e Cea manteñen tres casos cada un e Punxín baixa un caso para ter un so contaxio.