A Asociación de Concellos recibe a Compostela para o Camiño Miñoto Ribeiro

A dous días de comezar o Ano Santo Compostelano, a Asociación de Concellos do Camiño Miñoto Ribeiro acaba de recibir a Compostela, o recoñecemento oficial da igrexa para este trazado.

A reunión celebrouse co Deán da Catedral de Santiago, e asistiron o vicepresidente da Asociación; o alcalde de Vedra, Carlos Martínez; o vicepresidente do municipio de Monçao, Joao Rafael De Sousa, en representación das Cámaras de Portugal; o historiador Castor Pérez Casal, o investigador José Ramón Estévez e Cándido Pazos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na reunión presentouse toda a documentación histórico-científica sobre o itinerario, e tamén se falou doutros temas relacionados co camiño. Este itinerario en concreto está cheo da historia da zona, pasando por hospitais, monasterios, igrexas, capelas, cruceiros, encomendas da Orde de San Xoan, pontes medievais e bodegas históricas. A partir de onte, todo peregrino que realice o Camiño Miñoto Ribeiro xa pode solicitar a Compostela.