MODEPEN suspende a concentración de mañá en Ourense polas restriccións da cidade

IES CHAMOSO LAMAS

O Movemento pola Defensa dos Pensionistas (MODEPEN), suspende a concentración prevista para hoxe pola celebración do Día do Maior, ás 20.30 en Ourense debido  á limitación de reunións de máis de 5 persoas por causa do covid 19.

A plataforma asegura que neste segundo ataque da pandemia estase a comprobar que non se tomaron suficientes medidas para mellorar a atención médica e os maiores, principalmente nos centros privados. Afirman que os centros primarios de saúde non prestan a atención precisa por escaseza de persoal sanitario e coas restricións nas consultas presenciais.

HIPER MASIDE

Polo que respecta ás pensións recalcan que todo apunta a que as demandas do sector dos pensionistas, no senso de garantilas nos orzamentos estatais, non van a ser atendidas nos próximos acordos do Pacto de Toledo , visto o comportamento dos sindicatos e partidos maioritarios.