Primeiro día da nova normalidade en Galicia, a primeira que inicia esta nova situación en toda España

A superación da fase III implica que quedaron sen efecto todas as medidas do estado de alarma pero ademáis de seguir as novas normas que se indican no decreto da nova normalidade que aprobou o goberno o martes pasado, rexirá este tempo outras normas que decretou o gobernó galego este mesmo sábado. Entre as mais destacadas, amplíanse os aforos, con carácter xeral, ata o 75% e reabren os parques infantís ao aire libre.

Publicidade

VIDEO

Decaen as limitacións de todos os dereitos fundamentais propios do estado de alarma, entre eles o límite para facer xuntanzas nos domicilios ou reunións familiares. Os establecementos de xogos, atraccións recreativas e celebracións infantís, Os locais de discotecas e de lecer nocturno e as festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras terán que agardar ata o 1 de xullo.

Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19. Distancia interpersoal de polo menos, 1,5 metros, uso de máscara, e hixiene adecuada.

A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 75% da súa capacidade. Non se permitirá o uso de auga bendicida, evitarase o contacto persoal e non estará permitida a actuación de coros durante as celebracións.

Os velorios poderán realizarse cun límite máximo de sesenta persoas en espazos ao aire libre ou de trinta persoas en espazos pechados. No acompañamento ao enterramento ou a cremación restrínxese a un máximo de setenta e cinco persoas.

Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís que se celebren en establecementos de restauración ata o 75% do aforo e, en todo caso, un máximo de duascentas cincuenta persoas en espazos ao aire libre ou de cento cincuenta persoas en espazos pechados.

Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 75% da súa capacidade para consumo no interior do local. E ata o 80% das mesas permitidas nas terrazas ao aire libre.

Visitas culturais e turísticas en grupo ata 25 persoas incluido o guía.

Os cines, teatros, auditorios e circos poderán desenvolver a súa actividade, contando con butacas preasignadas, sempre que non superen o 75% da capacidade permitida en cada sala.

Para outro tipo de espectáculos e actividades recreativas (como concertos), poderán desenvolver a súa actividade sempre que o público permaneza sentado e que non se supere o 75% da capacidade permitida, cun límite máximo de trescentas persoas para lugares pechados e de mil persoas tratándose de actividades ao aire libre.

Poderase practicar deporte ao aire libre en grupos de ata vinte e cinco persoas. En centros deportivos tamén pero sen contacto físico e sempre que non se superen os dous terzos da capacidade máxima permitida.

As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do 75% da súa capacidade.