O presidente do Inorde participa na presentación dos “Trens turísticos” de Galicia en Fitur

O programa ofrece un total de once roteiros para que os visitantes coñezan diferentes lugares de interese de Galicia acompañados por un guía especializado durante todo o traxecto

Dos once roteiros, catro delas discorren pola provincia de Ourense, facendo desta “unha das actividades de maior éxito durante o verán na nosa provincia”, destacou Rosendo Fernández

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, presentou xunto ao vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e o presidente de RENFE, Isaías Táboas, o programa de “Trens turísticos de Galicia” 2021 na 41ª edición da Feira Internacional de Turismo, en Madrid.

Este programa, froito da colaboración do Inorde, a Xunta de Galicia e RENFE, engloba once roteiros nas que os turistas poderán coñecer diferentes lugares de interese de Galicia acompañados por un guía especializado durante todo o traxecto. Ademais, os percorridos dos trens complementaranse con autobuses que achegarán aos usuarios aos puntos de interese.

Das once roteiros propostas, catro delas discorren pola provincia de Ourense: o roteiro do Viño do Ribeiro e Rías Baixas, o roteiro do Viño de Monterrei, o roteiro do viño de Valdeorras e Ribeira Sacra, e o roteiro do Viño da Ribeira Sacra. “Este programa é unha das actividades que maior éxito teñen cada ano durante o verán na nosa provincia”, destacou Rosendo Fernández.

Ademais, o presidente do Inorde explicou que “este produto engloba todos os recursos máis destacados que integran a nosa provincia: natureza, patrimonio e enogastronomía, ademais de que, a través destes roteiros, os visitantes poderán coñecer os museos das estacións do Inorde”.

O roteiro do Viño da Ribeira Sacraofrece unha viaxe que levará ao visitante ata a adega Regina Viarum. En Monforte de Lemos poderán empaparse da viticultura heroica no Centro de Interpretación do Viño. Despois de comer embarcaranse nun catamarán para percorrer o fantástico mar interior que forman as augas embalsadas do río Sil. De volta, coñecerán o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. E, para terminar a xornada visitarán a aula-Museo do Ferrocarril de Vos Peares.

O roteiro dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorrasaproximará aos visitantes ás paraxes destas Denominacións de Orixe. No río Sil embarcarán nun catamarán que os levará ata a contorna do Mosteiro de Santo Estevo, continuando a visita no Santuario de As Ermidas, situado nun enclave de gran beleza natural, no estreito val que forma o río Bibei. Despois degustarán un viño da Denominación de Orixe Valdeorras na adega A Coroa e coñecerán outra histórica estación de ferrocarril e o seu museo ferroviario en Vos Peares.

O roteiro dos viños do Ribeiro – Rías Baixascombina os territorios destas dúas Denominacións de Orixe. Ao longo do traxecto poderán degustar un viño na adega Señorío de Rubiós e coñecerán o encanto medieval de Ribadavia e o seu castelo. Pola tarde, visitarán o Museo do Viño de Galicia, situado na casa reitoral de Santo André de Camporredondo, un conxunto monumental de relevancia insiro na comarca do Ribeiro. Despois achegaranse ao castro de San Cibrao das e acabarán a viaxe visitando a estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo, que alberga os museos do traxe tradicional galego e o museo da automóbil – Fundación Estanislao Reverter.

Por último, no Roteiro do Viño Monterreipodrán visitar parte desta Denominación de Orixe, e degustar algúns dos seus viños no Castelo de Monterrei e revivir alí a Idade Media. Coñecerán tamén a adega Gargalo e Verín, onde visitarán o seu barrio antigo. Pola tarde pasearán pola Vila de Allariz e polo seu Festival Internacional de Xardíns, un espazo recuperado para uso público na marxe dereita do río Arnoia. Por último, visitarán a estación de ferrocarril de Baños de Molgas onde se atopa o Museo Moncho Borrajo.