Ribeiro en Común continúa reclamando no Concello unha campaña de prevención cidadá contra o COVID.

Publicidade ASPADISI

Levamos moito tempo pedindo esta campaña, sen obter ningunha resposta positiva do actual goberno.

Propoñemos, unha vez máis:

HIPER MASIDE

– Colocación de carteis informativos para reforzar a prevención e chamando á responsabilidade cidadá.

– Limitar aforo en parques e espazos públicos.

– Aumentar as accións de desinfección, sempre se fixeron pero cremos que se debe reforzar.

– Aumento de vixilancia de cumprimento de normas.

– A primeira medida manter reunións periódicas Covid con toda a corporación para analizar a situación e decidir medidas conxuntamente.

– Reclamarlle á Xunta e goberno local que facilite os datos a toda a corporación municipal, e se informe oficialmente á poboación.

– Que unha vez se coñeza un caso positivo, se proceda á urxente desinfección da zona, e se informe aos veciños coa colocación de cartel asinado polo Concello nese vecindario.

– Probas preventivas a traballadoras/es municipais e do Asilo:

Vémonos a obriga de criticar a actitude irresponsable do goberno municipal, un goberno que sempre anda a remolque das iniciativas e reclamacións da oposición.

O exemplo máis inmediato será a realización das probas preventivas ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, que se realizarán finalmente este martes 8 de setembro, tras un proceso moi arduo no que tivo que ser o noso grupo quen batallara insistentemente estas probas. Temos a certeza de que as probas van saír ben, e que serán un respaldo para o bo facer das traballadoras do SAF, que agora terán maior tranquilidade para desenvolver o seu traballo.

A actitude do goberno na realización das probas foi sempre negacionista, mesmo dixeron publicamente que esas probas non se podían realizar por parte do Concello, e chegaron a intentar calumniar ao noso grupo por demandalas. Agora, unha vez máis, como tamén sucedeu co Asilo no mes de abril, os feitos e a realidade volven darnos a razón a Ribeiro en Común. Chega tarde, mais o importante é que chega.

Agora agardamos que desde o Concello se leve a cabo esta campaña necesaria. Só pedimos intensificar a prevención, porque non sendo a situación nada alarmante sempre é mellor previr. A colaboración do noso grupo sempre estará vixente, a pesar dos ataques que recibimos cremos que se debe manter a unidade política de todos os grupos, asi o faremos nós.