Os balnearios da contorna ofertan o programa de Termalismo Saudable da Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou esta semana as bases do programa Termalismo Saudable deste ano, incluíndo unha programación de ofertas e tratamentos termais en sete balnearios da provincia. As axudas dentro deste programa alcanzan os 40.000 euros e concederanse por orde de recepción das solicitudes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa terá dúas modalidades: estancias en balnearios, con axudas económicas entre os 10 e os 60 euros, e cunha duración de seis días. E a outra modalidade, os tratamentos terapéuticos sen estancia, con axudas entre os 20 e os 70 euros, con consulta médica. A información completa destas opcións pode consultarse nas bases do programa termal da Deputación.

Os balnearios adheridos son o de Baños de Molgas, O Carballiño, Arnoia, Laias, Lobios, Cortegada e Caldas de Partovia.