A Garda Civil do Carballiño detivo na madrugada deste domingo a un home de 38 anos veciño do Carballiño por un delito de tráfico de drogas, dando por desactivado un importante punto de venda de cocaína na localidade.
Na operación interviñéronse un total de 143,4 gramos de cocaína, dos cales unha parte importante atopábase xa envasada en doses listas para a súa venda.
Froito das investigacións levadas a cabo por efectivos do Posto Principal de Carballiño durante os últimos meses, constatouse un menudeo de cocaína fundamentalmente durante as fins de semana, principalmente nun local de lecer nocturno da localidade, aínda que tamén en menor medida, púidose constatar un menudeo no propio domicilio do detido.
Finalmente, tras realizar unha inspección no local, procedeuse á detención do presunto autor dos feitos ao ser sorprendido polos axentes portando varias doses de cocaína listas para a súa venda, e realizando operacións de venda da mesma. No posterior rexistro domiciliario, procedeuse á incautación da totalidade da droga, dando así por desactivado este punto de venda de droga na localidade.