Os membros da Asociación Asdifica do Carballiño están levando a cabo unha serie de talleres de manualidades, nas instalacións do Casino. Na xornada de hoxe, traballaron na creación de decoracións de Nadal, así como continuaron ca sesión de cerámica, impartida por unha profesional na materia.
Para a realización destes talleres contaron ca colaboración do Casino, que lles cedeu as súas instalacións. Dende a asociación seguen reclamando a necesidade de ter un local propio, e que conte ca accesibilidade necesaria para o seu día a día.