Felipe Senén, modelo na nova edición das Meninas de Canido

meninas inaguración expo xurxo lobato

As Meninas de Canido é un fenómeno galego de urban art, un dos máis importantes de España. Esta iniciativa foi creada por Eduardo Hermida, como gran performance cultural e está ubicada en Ferrol. A nova edición presentada este ano ofrece unha variedade de creacións diferentes, entre elas a colaboración de Xurxo Lobato, fotógrafo e académico. O seu creador mostrouse altamente satisfeito polo resultado de este ano, a pesar da situación de crise sanitaria na que se viu envolta a edición. Falou do respeto ás normas de seguiridade e do traballo dos artistas plásticos, entre os que destacan Shfir, Da2puntocero, Tardor ou El Rojo.

Xurxo Lobato é outro dos hitos artísticos participantes singularizando cada edición cunha creación inspirada nunha obra de Velázquez. Este ano, aínda que xa tiña case pechado o seu proxecto, decidiu cambialo e adaptalo ás circunstancias.

AVANTAR ACTIVIDADES

As Meninas de Canido naceron no ano 2008 como unha forma de reivindicación e co obxectivo de lograr a rexeneración urbanística do barrio a través da arte. Os últimos anos, esa celebración foise aderezando con novas aportacións, ata convertirse nun festival de arte urbano.

arte na rua
Secuencia das obras de Xurxo Lobato en Canido.

Xurxo Lobato presentou unha composicón dominada polo tenebrismo de Caravaggio, con contraste de luces e sombras seguindo a liña de Velázquez na súa etapa sevillana. Das sombras xorde a persoaxe de Menipo. Foi un escravo liberto de orixe fenicia, poeta e filósofo grego, considerado como o inventor da sátira menipea. Velázquez represéntao coma un home vello pero enérxico, un mendigo sen máis recursos ca a súa intelixencia. Para representar a Menipo, Xurxo Lobato quixo contar con Felipe Senén, coma homenaxe á Real Academia de Belas Artes, da que Senén é secretario.

A obra Menipo/Senén mostra o historiador diante do cadro ó que representa, reproducindo o seu mesmo xesto pero cunha diferecia: amosando sorna galega. A apariencia é a mesma: protexido cunha capa e calzado con grandes botas. A imaxe é completa en sombras onde un só foco de luz ilumina o seu rostro.

Meninas de Canido
De esquerda a dereita: Felipe Senén, Eduardo Hermida, Xurxo Lobato e Ángel Mato, alcalde de Ferrol.