Dacón comeza a Santa Rita coa Xuntanza de Clásicos e a Ruta Cabalar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O municipio de Dacón, en Maside, celebra este mes de maio a súa honra a Santa Rita. A novena xa está en marcha, con misas diarias á, 08:30 horas, ás 19:30 horas e ás 20:30 horas. O día 21, día grande desta celebración, haberá misas cada hora, dende as 08:00 horas. 

Entre os eventos que teñen lugar nesta celebración, destaca a 7ª edición da Xuntanza de Coches Clásicos, que terá lugar mañá venres, día 17, dende as 09:30 horas, con concentración, ruta, pinchos, xantar popular e entrega de premios.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado terá lugar a sexta Ruta Cabalar Vila de Dacón, con cea popular e o Dúo Explosión. O domingo, teremos máis festa equina, co concurso de estampa e beleza e a carreira de cabalos e burros.