O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o prego de cláusulas  para regular a compravenda de tres parcelas do polígono industrial de San Cristovo de Cea.

A primeira das parcelas ten unha superficia de case 2.300 metros cadrados e un custe de 28.600 euros; a segunda parcela ten unha superficie de 1.140 metros cadrados e un custe de 13.728 euros; e por último, a terceira parcela ten unha superficie de case 4.200 metros cadrados e un custe de 50.378 euros.

A presentación da documentación e da oferta de compra poderá remitirse por correo ou realizarse no rexistro xeral do Concello de San Cristovo de Cea ata as 14:00 da tarde do décimo quinto (15) día hábil contado a partir de mañá.