Os nenos do CEIP Calvo Sotelo visitan o centro de saúde

O Centro de Saúde do Carballiño organizou hoxe a primeira visita do programa “Achegando a primaria aos nenos e nenas”. Ten a finalidade de que os máis pequenos coñezan aos profesionais sanitarios e demais persoal que traballa nestas instalacións.

Visitaron as zonas de pediatría, odontoloxía, fisioterapia, matrona e sala de urxencias, para quitarlles os medos que poidan ter e crearlles a seguridade para cando teñan que acudir ao centro.

AVANTAR ACTIVIDADES