Pese a crise do covid-19, a cultura non para en Ribadavia

Dado que a situación de confinamento impídenos saír a disfrutar de concertos e outras alternativas de ocio cultural o concello de Ribavia puxo en marcha unha iniciativa para achegar virtualmente aos nosos fogares as agrupacións musicais, teatrais, de maxia, de poesía… e de artistas solistas que hai na vila. Vanse facer “Fins de Semana Culturais”.

Deste xeito ‘A Cultura non Para en Ribadavia’ desenvolverase durante os Fins de Semanas que dure o confinamento e comeza hoxe venres.

AVANTAR ACTIVIDADES

As actuacións culturais poderán ser visualizadas a través do Facebook, Instagram e Twitter e tamén na páxina web do Concello de Ribadavia.

Se queredes participar nesta iniciativa podedes seguir enviando un video de máximo 5′ de duración a cultura@ribadavia.es

VIDEO